¿A quién no le apeteces una buena taza de chocolate caliente con nubes? aquí tienes una excusa para tomártelo mientras lees nuestras estupendas historias...




jueves, 8 de diciembre de 2011

IMAXINA QUE NON ESTÁS SOA

E cos ollos pechados tentou imaxinar que estaba alí canda ela. E os seu brazos nús pecháronse en torno a un ser inexistente.
As bágoas que caían pola súa face eran mornas e silenciosas, que non interrumpiron o encontro.
E apertando aínda máis os ollos, sentiu como el a abrazaba a ela, moi forte. E viu a súa face e o seu sorriso. Escoitou un "quérote" moi frouxiño a carón da súa orella.
Sentiu a calor do seu corpo e unha enorme felicidade enchéndoa dende dentro.
Logo abriu os ollos e atopouse soa na escuridade do seu cuarto, aferrada con forza ó aire e coa camiseta empapada polas bágoas.
Tumbouse despaciño na cama e dispúxose a seguir soñando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario