¿A quién no le apeteces una buena taza de chocolate caliente con nubes? aquí tienes una excusa para tomártelo mientras lees nuestras estupendas historias...




viernes, 1 de julio de 2011

QUERO

Quero bicarte, tocarte; sentir a túa pel núa baixo os meus dedos, famentos de ti.
Quero rozar os teus pés cos meus, baixo as sabas; recorrer coa punta de lingua o teu lombo, pousar os meus beizos nos teus ollos pechados.
Quero acompasar a miña respiración coa túa, sincronizar os nosos corazóns; erguerme cheirando a ti, compartir o aire, compartir o tempo.
Quero perderme no teu abrazo e naufragar nos teus ollos; quero verte durmir en silencio, acariñándote con coidado.
Quero que a lareira do amor queza amodo os nosos corpos mornos.
Quero facer unha expedición ata o máis profundo da túa mente, internarme no máis recóndito do teu corazón e deixar alí a miña lembranza.
Quero escoitar a túa risa, quero escoitar a miña.
Quero...te, a ti.


No hay comentarios:

Publicar un comentario